Puedes consultar su catálogo aquí: http://bibliotecas.xunta.gal/vigo/ Para obter o carné, tan só é preciso: - Cumprimentar o formulario de solicitude dispoñible nas páxinas web das bibliotecas da rede ou facelo presencialmente en calquera destes centros e aportar unha foto tamaño carné. - Mostrar o DNI ou o pasaporte para recoller o carné. - No caso de menores de 14 anos é necesario aportar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pais, titores) responsable do menor. - Se a peticionaria é unha entidade, o director da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable. O carné de lector é gratuíto, persoal e intransferible. Unicamente poderá cederse a outro usuario no caso de que a persoa interesada non poida acudir á biblioteca. Previamente deberá cumprimentar un formulario (accesible na web e na propia biblioteca) para que outra persoa poida empregar no seu nome o seu carné e levar materia...