BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO: JUAN COMPAÑEL







Puedes consultar su catálogo aquí:


Para obter o carné, tan só é preciso:
- Cumprimentar o formulario de solicitude dispoñible nas páxinas web das bibliotecas da rede ou facelo presencialmente en calquera destes centros e aportar unha foto tamaño carné.
- Mostrar o DNI ou o pasaporte para recoller o carné.
- No caso de menores de 14 anos é necesario aportar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pais, titores) responsable do menor.
- Se a peticionaria é unha entidade, o director da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable.
O carné de lector é gratuíto, persoal e intransferible. Unicamente poderá cederse a outro usuario no caso de que a persoa interesada non poida acudir á biblioteca. Previamente deberá cumprimentar un formulario (accesible na web e na propia biblioteca) para que outra persoa poida empregar no seu nome o seu carné e levar materiais en préstamo con el.  Esta autorización terá unha validez dun ano.
Calquera cambio nos datos persoais (traslado de domicilio, información de contacto...) deberá comunicarse á biblioteca para que esta poida proceder á súa modificación a efectos de comunicacións.
A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda. Neste último caso é preciso cumprimentar unha nova solicitude.






Comentarios